Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

A captación de auga no Polígono de Teixeiro ampliarase cun investimento de 1,7 millóns para a instalación de novas empresas

  • Medio Ambiente e o Concello de Curtis asinan o convenio para licitar a obra da nova captación.
  • Caínzos: "A implantación das industrias xa previstas xerarán 800 postos de traballo entre directos e indirectos, pero temos capacidade para seguir atraendo máis empresas".

mato cainzosO Concello de Curtis deu un novo paso para preparar o Polígono Industrial de Teixeiro para o asentamento de novas empresas coa firma do convenio, cun investimento de 1,7 millóns de euros, para executar unha infraestrutura hidráulica de captación de auga para mellorar, garantir e cubrir as demandas futuras desta área industrial.

Despois de que o Consello da Xunta autorizara este mesmo mes a sinatura dun convenio de colaboración para este fin entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello curtiense, o alcalde Javier Caínzos e a conselleira Beatriz Mato asinárono o pasado día 15, polo que se avanza na licitación das obras.

O rexedor curtiense destacou a importancia desta actuación, que se enmarca na aposta do Goberno local por seguir impulsar o asentamento de empresas no polígono para crear emprego e riqueza no concello e na comarca. "A implantación das industrias xa previstas xerarán 800 postos de traballo entre directos e indirectos, pero temos capacidade para seguir atraendo máis empresas", sostivo, e lembrou que se está ampliando a segunda e última fase da área industrial, o que suporá que pasarán a comercializarse 770.000 metros cadrados máis de chan empresarial. 

Complementar a actual ETAP

A principal actuación consistirá na execución dunha nova captación de auga, dado que na actualidade, o subministro ao polígono faise dende o río Mandeo, a través dun azud situado no lugar de Os Morangueiros, pero en época de estiaxe a capacidade deste azud xa non é suficiente para atender os caudais punta que se estiman necesarios, polo que a demanda futura de auga aconsella unha nova captación.

Á demanda de auga derivada da primeira etapa de desenvolvemento, que se calcula en 4.200 m3 diarios, sumaranse outras novas, que se estiman en 1.382 m3.

Así mesmo, outra das accións previstas é complementar as instalacións da actual ETAP (Estación de Tratamento de Auga Potable) para poder atender á futura demanda, ao tempo que se incrementará a capacidade de almacenamento de auga bruta, a medio prazo, para dar servizo á segunda fase do polígono industrial que se está a desenvolver.

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.