Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

O Concello repara as beirarrúas na Praza de Compostela, danadas polo mal estacionamento dos vehículos, e instala bolardos

  • O Goberno local dá resposta ás numerosas reclamacións dos veciños polo estacionamento indebido de turismos e furgonetas sobre as beirarrúas.

obras praza compostelaO Concello de Curtis, tras as múltiples queixas dos veciños e residentes na zona da Praza de Compostela, na estación de ferrocarril en Curtis, colocou varios bolardos para impedir que vehículos e camionetas aparquen encima das beirarrúas.

O Goberno local tomou esta determinación tras verse obrigado a reparar as desfeitas causadas nas baldosas polo uso indebido de vehículos xa que a súa rotura era un perigo para os peóns.

Non é a primeira vez que se tivo que adoptar esta medida no municipio. Con anterioridade procedeuse á instalación de bolardos en varias rúas de Curtis e Teixeiro, xa que o mal aparcadoiro dos coches non só causaron danos senón que impedían o paso de carriños de bebés e supuñan un obstáculo para a cadeira de rodas e para as persoas maiores ou con minusvalías e os usuarios en xeral.

Ademais desta resposta inmediata ás demandas e queixas veciñais, o Concello advirte aos vehículos que estacionen encima das beirarrúas que se expoñen a ser obxecto de sancións. Por iso, ínstase a un compromiso máis cívico e respectuoso coa veciñanza e cos espazos públicos e comúns.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.