Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis modifica a redacción da ordenanza de terrazas de hostalaría para clarificar a súa aplicación

MEDIDAS EN FAVOR DO SECTOR HOSTALEIRO.

  • Os cambios na ordenanza, que foron a petición dos hostaleiros, non suporán a subida de taxas e garantirán este uso coa circulación das persoas polas beirarrúas
  • O Goberno local tamén apoiará ao sector hostaleiro coa promoción da 'XIX Exaltación dos Cogomelos' e a 'II Ruta desTAPAte sabores Concello de Curtis'.

sillasO Concello de Curtis cambiará a ordenanza fiscal que regula a instalación de terrazas, tablados e outros elementos análogos en espazos públicos por parte da hostalaría local co fin de conseguir unha redacción máis clara na súa aplicación e garantir o fin para a que foi creada, é dicir, equilibrar estes usos lucrativos coa circulación dos cidadáns polas beirarrúas.

Este cambio non implicará un cambio no importe das taxas que se cobran senón que suporá unha nova redacción do punto 5 alusivo á 'Instalación de mesas e cadeiras así como outros elementos auxiliares en terrazas de establecementos hostaleiros ocupando dominio público municipal situados na propia beirarrúa ou en plataformas que suplementen o ancho das mesmas'.

Os cambios diferenciarán as taxas por instalación de mesas e cadeiras no caso urbano (por tempada, anual e en celebracións especiais) e fóra do centro urbano (por tempada e anual), así como a instalación de tribunas e tablados que non estean contemplados nos usos anteriores (por tempada e anual). Ademais, acláranse as taxas por uso de antucas, toldos e marquesiñas fixados á vía pública.

Promoción hostalaría

Esta clarificación da ordenanza, que foi abordada a petición do sector hostaleiro, levará para a súa aprobación ao Pleno ordinario deste mes, que se celebrará o xoves, 11 de outubro.

No Pleno tamén se incluirá outra medida de apoio ao sector de hostalaría a través da promoción da 'XIX Exaltación dos Cogomelos', os días 27 e 28 de outubro, e a 'II Ruta desTAPAte sabores Concello de Curtis', que se celebrará en decembro para dinamizar a Ponte da Constitución.

Así, o Goberno local proporá ao Pleno realizar unha modificación de créditos para destinar 3.000 euros para este tipo de promocións.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.