Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

O Goberno de Curtis aproba en solitario a bonificación do ICIO a Greenalia e a modificación do crédito para obras en colexios e promoción do comercio e a hostalaría

  • O Goberno local lembra que a bonificación se aplica en función do investimento e o número de empregos, que no caso de Greenalia será de 70 millóns e 35 postos de traballo.

Foto PlenoO Pleno ordinario de Curtis aprobou hoxe, só cos votos a favor do equipo de Goberno, a bonificación no ICIO á instalación da empresa Greenalia no Polígono Empresarial de Teixeiro, o cambio de redacción das ordenanzas para a instalación de terrazas hostaleiras e a modificación de créditos.

Os edís non adscritos Xosé Tome, Verónica Fontes e José Mº Santos foron críticos coa bonificación do ICIO a Greenalia do 70%, que no Concello de Curtis aplícase de maneira escalada en función do número de empregos que se crearán e do investimento total. Antonio Fraga, portavoz do equipo de Goberno, lembroulles que esta empresa investirá 70 millóns de euros na instalación en Teixeiro e que creará 35 postos de traballo directos, "pero, ademáis, esta industria renovable impulsará o sector primario e permitirá a creación de moitos máis postos de traballo indirectos, o que axudará á dinamización económica e a asentar poboación non rural".

Fraga lembrou tamén outras grandes empresas que se están instalando no municipio, como Inleit, que investirá 70 millóns de euros. Entre Greenalia e Inleit estímase a creación de 800 postos de traballo entre directos e indirectos. "As empresas instálanse non noso municipio para crear emprego e riqueza porque desde o Concello puxemos en marcha medidas para atraelas, non caen do ceo", sostivo.

Comercio e hostalaría

A oposición tamén foi especialmente crítica, por considerala unha medida electoralista, coa modificación de créditos, que inclúen 10.000 euros para obras en colexios, 16.000 euros para pavimentación, 8.000 euros para vestiario de traballadores municipais e 3.000 euros para campañas de promoción en favor de comercio e a hostalaría como son a 'Exaltación dos Cogomelos' do 27 e 28 deste mes e a 'II Ruta desTAPAte sabores Concello de Curtis', que se celebrará na Ponte da Constitución.

Se nos puntos anteriores os edís non adscritos abstivéronse, votaron en contra da modificación da redacción das ordenanzas para a instalación de terrazas hostaleiras co fin de clarificar a súa aplicación. Antonio Fraga lembroulles que este cambio se realizou a petición dos hostaleiros, que non suporá unha subida das taxas e que garante a circulación dos peóns nas beirarrúas. "Non se entende que non apoien o sector hostaleiro e nengunha das medidas que levamos ao Pleno dada a súa importancia para o municipio", matizou.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.