banner cultura 2019 1

O CIM Curtis desenvolve o programa Iguais nos centros educativos para sensibilizar ao alumnado contra a violencia de xénero

  • O Concello curtiense quere formar de xeito crítico a poboación infantil e xuvenil en contra da violencia machista e cara unha igualdade real.

cimA área de Igualdade do Concello de Curtis, a través de seu CIM (Centro de Información ás Mulleres), está a desenvolver por segundo ano consecutivo o programa educativo ‘Iguais’ nos CEIP de Curtis e Teixeiro e no IES de Teixeiro, co fin de formar de xeito crítico á poboación xuvenil do municipio sobre a lacra da violencia de xénero desde a consciencia de que a consecución da igualdade debe implicar a toda a poboación, empezando polos máis novos e novas.

O obxectivo desta acción é modificar modelos e prexuízos baseados nas diferenzas de xénero, fomentar as relacións igualitarias entre o alumnado, sensibilizar sobre a violencia de xénero e as súas causas e dos riscos de internet na violencia de xénero e sexual, así como formar aos adolescentes no recoñecemento de dinámicas disfuncionais nas relacións de parella e dos mitos románticos. Ademais, quérese promover no alumnado o desenvolvemento de habilidades e estratexias de comunicación para unha resolución de conflitos non violenta: escoita activa, expresión de sentimentos e asertividade.

Cortometraxe do IES Curtis

A intervención educativa é diferente no que refire a cada centro educativo, adaptando a temática segundo as idades do alumnado. Así, nos colexios trabállase a aprendizaxe dos conceptos a través de talleres e de xogos, mentres no IES desenvólvense dinámicas de grupo para favorecer a participación e elaborarase un cortometraxe protagonizado polos alumnos no que manifestarán o seu coñecemento e opinión sobre os temas obxecto do programa, co fin de expoñelo coma medida de sensibilización.

Desde o CIM Curtis tamén se está a preparar coa comunidade educativa os actos dos 25 de Novembro, Día Internacional de loita contra a Violencia de Xénero, e do 8 Marzo, Día Internacional da Muller.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.