Numeracion Curtis logos

O municipio curtiense presume de gastronomía e de comercio este fin de semana na XIX Exaltación dos Cogomelos de Teixeiro

XIX cogomelosO municipio de Curtis presumirá todo este fin de semana do seu produto estrela, o cogomelo, ofrecendo nunha vintena de locais de hostalaría rutas para poder degustar tapas, petiscos e pratos elaborados, desde os máis tradicionais aos máis arriscados, na que é xa a súa XIX Exaltación dos Cogomelos en Teixeiro.

Organizada desde área municipal de Promoción Económica, ademais das diferentes rutas, que se realizarán tanto no pobo de Curtis como en Teixeiro, poderase coñecer de primeira man a calidade do comercio de Teixeiro, xa que a Asociación de Comerciantes desta localidade organizará a súa V Feira Local, para a que instalará unha gran carpa todo o fin de semana na praza de España con decenas de expositores.

Mañá, sábado, organizaranse ademais, charlas micolóxicas, que se impartirán ás 10.00 horas no salón de plenos do Concello, antes da saída ao monte á procura de cogomelos dirixida por expertos micólogos da Asociación Pan do Raposo, ás que están convidadas a participar todas as persoas interesadas.

Pola tarde, ás 20.00 horas, celebrarase o V Dakar Ghaiteiro, e a partir das 22.00 horas, a VIII Ruada de Teixeiro, organizada pola asociación cultural Faragulla en casa Miraz, con distintos grupos de cante e baile tradicionais.

  • Consultade aquí o programa e as rutas pdf

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.