Numeracion Curtis logos

O Premio de Narración Curta de Curtis reta á imaxinación dos autores cun relato libre con tres nexos: un tren, vacas e zombis

  • Os interesados/as poderán enviar os seus traballos ata o día 20 de abril.
  • Os premios, que ascenden a 800 euros, establecen dúas categorías, autores/as de 12 a 18 anos, e de 18 anos en adiante.

xix narracion curtaA concellaría de Cultura convoca o Premio de Narración Curta do Concello de Curtis, que botou a andar hai xa 14 anos para fomentar as letras galegas. Desde entón, en cada edición convida a participar a través dun chamamento de carácter temático, que nesta ocasión será case libre xa que xorde como un reto literario onde deberán aparecer como elementos comús dos relatos que se presenten un tren, vacas e zombis.

Así como o ano pasado pediuse ás e aos participantes que presentasen narracións vinculadas coa tradición oral, e o ano anterior fíxose un guiño as ideas dos autores/as para cambiar o mundo, nesta edición preténdese que a imaxinación voe aínda con maior liberdade aportando tan só tres elementos de unión entre os traballos.

Como é habitual, o certame establece dúas categorías, ao do alumnado dos centros de ensino a partir dos 12 anos, e dos 18 anos en adiante. Os premios ascenderán a 800 euros.

Os interesados/as poden presentar os seus relatos en lingua galega ata o día 20 de abril, data máxima de entrega. Os textos, entre 3.000 e 5.000 caracteres, deberán ser orixinais, inéditos e non premiados en ningún outro certame.

O xurado estará composto por membros de recoñecido prestixio dentro do mundo da cultura.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.