Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

Curso de creación de blogs para fomentar o uso das novas tecnoloxías nas empresas e na procura de emprego

blogA área de Promoción Económica do Concello de Curtis, a través do Servizo de Orientación Laboral, organiza un curso de blog e web sinxelas para fomentar o posicionamento do tecido comercial e empresarial do municipio, así como para axudar aos emprendedores.

Con esta iniciativa quérese pór en valor a importancia das novas tecnoloxías xa sexa para impulsar un negocio e dar a coñecer unha marca ou produto, pero tamén para a procura activa de emprego e para a creación dunha marca persoal.

A formación impartirase os días 12, 14 e 16 de novembro, de 18.00 a 20.00 horas, no Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro.

O número de prazas é de dez persoas polo que é preciso a inscrición previa.

  • Máis información, no Servizo de Orientación Laboral: Tef. 981789003 (ext. 2037).

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.