Numeracion Curtis logos

Nove mulleres de Curtis, sete alumnas e duas docentes, participan nun taller dual de formación e emprego

taller dualNove mulleres de Curtis participan no 'II Obradoiro de Emprego Terra da Montaña' que desenvolven conxuntamente os municipios de Curtis, Sobrado e Vilasantar, sete son alumnas e dúas son integrantes do equipo de docencia e xestión.

O obxectivo deste taller de carácter dual, que comezou esta semana, é formar e dar emprego a 20 persoas desempregadas durante nove meses, tempo no que aprenderán técnicas de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría, para traballar despois nos servizos de mantemento e mellora das zonas axardinadas do tres municipios.

No Concello de Curtis actuarán na área recreativa da Illana, no campo de fútbol de Teixeiro e na zona verde do polígono industrial de Teixeiro.

Os tres municipios vólvense a unir unha vez máis para desenvolver accións conxuntas pola empleabilidad. Destacan a necesidade de apostar pola cooperación institucional á marxe de ideoloxías políticas para deseñar proxectos en favor do benestar dos veciños e veciñas.

O Obradoiro de Emprego desenvólvese a través dunha subvención de preto de 289.000 euros concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.