Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

Medio Rural informará o día 22 aos propietarios afectados pola parcelaria de Fisteus sobre a petición de novas leiras

ParcelariaO director técnico da Consellería de Medio Rural informou os membros da xunta local da concentración parcelaria de Fisteus do estado actual da apertura de pistas e en que fase están os traballos técnicos para o inicio da petición de parcelas.

As obras de execución da rede de camiños comezaron no mes de agosto co obxectivo de abrir máis de 55 quilómetros de viarios, dos que 2,3 quilómetros serán asfaltados. O prazo da actuación é de 18 meses e a execución avanza a moi bo ritmo.

O investimento nesta fase da parcelaria ascende a 2,3 millóns de euros.

Na reunión mantida coa xunta local tamén se acordou fixar a data do 22 novembro ás 12.00 horas para unha charla informativa con todos os propietarios.  O obxectivo é informar sobre  o inicio dos traballos para a elaboración do acordo de reestruturación parcelaria, en concreto da enquisa de petición de novas leiras. 

A parcelaria da parroquia curtiense de Fisteus é a de maior extensión de todas as desenvolvidas pola Xunta en Galicia até este momento. O proceso pretende reducir a unha cuarta parte a actual división de preto de 10.000 parcelas, cunha superficie de 3.938 hectáreas, que pertencen a 1.062 titulares.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.