banner cultura 2019 1

Novo sendeiro na contorna no río Deo para conservar e potenciar o patrimonio natural

Deo copyA conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Angeles Vázquez, xunto co alcalde Javier Caínzos e o edil de Medio Ambiente, Antonio Fraga, supervisou os traballos realizados para acondicionar e mellorar unha parcela de 16.000 m2 de extensión próximas ao río Deo,  co fin de conservar e potenciar o patrimonio natural deste enclave.

Grazas a esta actuación, na que se investiron máis de 40.000 euros, dotouse á Gulpilleira, Paredes e Os Muros, da parroquia de Santa Eulalia, dunha nova zona de paseo á beira do río e recuperouse esta zona.

Ángeles Vázquez indicou que esta contorna do río Deo precisaba dunha actuación coa que recuperase ambientalmente, sobre todo tendo en conta a importancia deste río, “moi apreciado e coñecido entre os amantes da pesca, especialmente de troita e salmón”; pero sobre todo para avanzar no reto que se marcou a Consellería de Medio Ambiente, como é a protección, conservación e posta en valor do rico patrimonio natural que hai en Galicia.

Grazas a actuación executada, que contou con financiación de fondos Feder, púidose acondicionar e mellorar unha parcela municipal de 16.000 m2 de extensión situada ao carón do río. Os traballos consistiron no desbroce completo da zona, con movementos de terras, aporte de terra vexetal e semente de céspede de gramíneas autóctonas; a plantación de castiñeiros micorrizados con diferentes variedades de cogomelos; e a dotación de sendeiros de xabre para facilitar as visitas.

A conselleira destacou que para a nova plantación primouse o uso de especies de castiñeiro seleccionadas, como a Castanea Sativa e as variedades Soutovello, Amofrei e Marigoule, que foron micorrizadas con tres variedades diferentes de cogomelos. Deste xeito, tamén se permite acadar unha óptima produción de castaña e cogomelos.

A conselleira, o alcalde e o edil de Medio Ambinte animaron aos veciños de Curtis a aproveitar esta zona e percorrer os sendeiros, para coñecer e poder divulgar o patrimonio natural que esconde este enclave, xa que tamén é unha ferramenta para a súa conservación.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.