Numeracion Curtis logos

A terapia con animais para menores recibe un recoñecemento nacional como iniciativa innovadora contra a violencia de xénero

  • É o segundo ano consecutivo que o Concello de Curtis recibe este recoñecemento. Nesta edición, dos 13 galardoados, Curtis é o único municipio galego.
  • Os VI Premios ás Boas Prácticas Locais destacan o carácter innovador deste servizo e "as posibilidades que ofrece para ser aplicada noutros contextos".

Terapia CurtisO servizo de terapia asistida con animais para a atención a menores expostos a situacións de violencia de xénero posto en marcha como iniciativa pioneira polo Concello de Curtis foi recoñecido nos VIPremios ás Boas Prácticas Locais. Estos galardóns os concede de maneira anual a delegación do Goberno para a Violencia de Xénero e a Federación Española de Municipios e Provincias.

Este galardón, recibido como mención honorífica na área de 'Detección e coordinación', é o segundo consecutivo que gaña a área de Igualdade curtiense xa que na edición do ano pasado foi premiada pola posta en marcha do 'Protocolo de actuación contra a violencia de xénero'. Curtis foi o primeiro municipio que o activou en Galicia.

Nesta edición, dos 13 premiados, Curtis é o único concello de Galicia que recibe este recoñecemento. O xurado destacou a calidade desa acción, "que entendemos poderá resultar de gran interese para outras entidades pola súa eficacia, o seu carácter innovador e as posibilidades que ofrece para ser aplicada noutros contextos".

O servizo de terapia asistida con cans adestrados, desenvolvida polo CIM Curtis, quere axudar a mellorar a calidade de vida dos máis pequenos a través da súa recuperación psico-social, axudándolles a xestionar as súas propias emocións e buscado un equilibrio emocional que repercuta directamente na súa saúde.

O CIM Curtis incluíu esta nova terapia, así como o servizo de terapia ocupacional coas mulleres vítimas da violencia de xénero entre as súas accións de traballo, así como a investigación da violencia de xénero no rural para axudar a enfocar mellor as posibles solucións, máis acordes coas características específicas das mulleres que viven nestas contornas.

Proxectos innovadores

Con estes recoñecementos, Goberno central e FEMP pretenden visibilizar proxectos innovadores na súa estratexia da loita contra a violencia de xénero e premiar o compromiso das administracións locais, intercambiando experiencias e ideas e proxectos exitosos desde as políticas máis próximas coa cidadanía.

Os premios serán entregados o día 29 deste mes en Madrid.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.