Numeracion Curtis logos

O Concello curtiense destinará o 50% do Plan Único a melloras viarias en Santaia, Curtis e Fisteus

pleno novembroO Concello de Curtis aprobará no marco do Plan Único un investimento de 350.476 euros, dos que case o 50% irá destinado a melloras de viarias e o resto, a gastos correntes.

As contas saneadas do Concello permiten que o Goberno local centre as súas actuacións en gastos correntes e investimentos sen recorrer a consignar cantidades para o pago a provedores e a redución de débeda.

As melloras previstas son a rehabilitación do firme da calzada existente no camiño de acceso a Curro (Santaia) e na rúa Crego Francisco Correa (Curtis), obras que terán un custo de 105.372 euros. Ademais, reforzarase a calzada desde Igresario de Santa María até A Cheira (Fisteus), cun financiamento 62.059 euros.

Estas propostas de investimento levarán ao Pleno ordinario, convocado para este venres, día 30, así como unha obra complementaria ao Plan Único, o afirmado e reforzo do firme da calzada con MBC do acceso a Chacente, Portolamoso e Arrescalvo desde Mostás (Santa Eulalia). O investimento ascende a 130.841 euros.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.