Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

O Concello de Curtis cumpriu o 90% das medidas incluídas no III Plan de Igualdade 2013-2017

  • O  Goberno local presentou  o balance do III Plan e borrador do IV PIOM na Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero.

mesa IgualdadO Concello de Curtis presentou na Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero o balance do seu III Plan de Igualdade 2013-2017, onde se destacou o cumprimento do 90% das medidas incluidas na súa estratexia, o 75% con cumprimento total e o 15%, con parcial.

O Plan contemplou ata 40 actuacións en seis áreas: información e sensibilización, formación e emprego, conciliación e corresponsabilidade, coeducación poboación infantil e xuvenil,  benestar social, empoderamiento e asociacionismo e prevención e eliminación violencia de xénero.

Na Mesa, que se convoca co fin de pór en común aspectos para mellorar a participación no proceso de violencia de xénero dos diferentes axentes que interveñen no mesmo, estivo presidida polo Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o alcalde Javier Caínzos.

Tamén estivo o xuíz decano e titular do Xulgado de Violencia de Xénero de Betanzos, Roberto Barva, quen destacou a necesidade de cooperación entre institucións e servizos para unha maior atención integral ás mulleres que sofren violencia de xénero.

Ademais, acudiron varios concelleiros do Goberno local, os alcaldes de Sobrado e Vilasantar, o equipo do CIM Curtis, representantes do Colexio de Abogados, da Garda Civil, da Subdelegación do Goberno, do Xulgado de Paz de Curtis e da comunidade educativa.

Tras o balance do III plan, presentouse  o borrador do IV PIOM, que se fará público unha vez aprobe no próximo pleno do Concello.

A Secretaría Xeral, Susana López Abella, destacou a implicación do goberno municipal e do equipo técnico do CIM para poder alcanzar uns obxectivos de tal magnitude. 

A responsable autonómica, además de informar dos novos orzamentos estatais contra a violencia de xénero, felicitou ao Concello polo recoñecemento do Goberno central e da FEMP ao proxecto de terapia para menores expostos a situacións de violencia de xénero desenvolvido polo CIM Curtis.

balance

 

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.