Numeracion Curtis logos

Programa Nadal Cultural 2018 Concello de Curtis

Programa Nadal Cultural 2018

nadal 19O Concello de Curtis volve apostar pola cultura centrada nos máis pequenos da casa e as súas familias este Nadal.

Teatro, marionetas, música, maxia, cinema e deporte son as actividades que configura o eixo principal do Nadal Cultural 2018-2019 programado pola concellaría de Cultura, que dará comezo o día 21 deste mes e que finalizará o 5 de xaneiro coas tradicionais cabalgatas de Reyes en Curtis e Teixeiro. Ademais, ponse en marcha os Campamentos 'Concilia na Montaña'.

  • Díptico programa Nadal: pdf

21 DE DECEMBRO, VERNES

CARTEL NADAL CULTURAL CONCELLO CURTIS 1 1Teixeiro

  • 16:30 Concerto didáctico "Dúas Picariñas Ouresás”, no Ed. Usos Múltiples.

Curtis

  • 20:30 Música e poesía con "Pendanca e Oso", de Aldaolado, un espectáculo sobre o amor. Será no Edificio Multiusos.

24 DE DECEMBRO, LUNS

  • 11:30 Visita de Papa Noel. Percorrido polas rúas de Teixeiro e Curtis.

26 DE DECEMBRO, MÉRCORES

Teixeiro

  • 17:00 Títeres con Alakrán. “Soños na Gaiola” no Ed. Usos Múltiples. Obra de títeres homenaxe a Manuel María, que se deixa influir pola maxia de 'Alica no país das Maravillas', de Lewis Carrol, co fin de achegar aos nenos e nenas o mundo rural da infancia do poeta. 

Curtis

  • 17:00 Teatro con Ghazafelhos, coa obra “As mil e unha noites” no Edificio Multiusos. Introdúcese ao público nun ambiente máxico con incenso, coxíns, teas e un contador de historias que evoca a antiga Persia. Unha vez creado o ambiente adecuado comeza a narración das mil e unha noites coa participación activa do público.

27 DE DECEMBRO, XOVES

Teixeiro

  • 17:00 Maxia con A. Romarís, co espectáculo “O Mellor Mago do Mundo”, no Ed. Usos Múltiples

Curtis

  • 17:00 Maxia con Mago Román, co espectáculo “ “Labirinto de Ilusións”, no Edificio Multiusos.

28 DE DECEMBRO, VENRES

Teixeiro

  • 17:00 Teatro con Brais das Hortas coa obra “Zona en Obras', no  Edificio Uso Múltiples.

Curtis

  • 17:00 Títeres com Musicreques, coa obra “Iván e o lobo gris”,  no Edificio Multiusos.

2 DE XANEIRO, MÉRCORES

Teixeiro

  • 17:00 Obradoiro de Nadal, no Ed. Usos Múltiples

Curtis

  • 17:00 Inchables, no pavillón deportivo.

3 DE XANEIRO, XOVES

Teixeiro

  • 17:00 Inchables, no pavillón deportivo.

Curtis

  • 17:00 Obradoiro de Nadal, no Edificio Multiusos.

4 DE XANEIRO, VENRES

Teixeiro

  • 17:00 Cine e palomitas, no Edificio Usos Múltiples.

Curtis

  • 17:00 Cine e palomitas, no Ed. Multiusos.

5 DE XANEIRO, SÁBADO

CABALGATA DE REIS

Curtis

  • 16:45 Benvida e Percorrido polo pobo da Comitiva Real (Saída dende a estación do tren)
  • 17:15 Recepción dos Reis Magos no Edificio Multiusos
  • 18:00 Chocolatada

Teixeiro

  • 16:45 Benvida e Percorrido polo pobo da Comitiva Real (Saída dende a Casa do Concello)
  • 17:15 Recepción dos Reis Magos no Ed. Usos Múltiples
  • 18:00 Chocolatada

ESCOLAS DEPORTIVAS

Patinaxe

  • 26 de Decembro, mércores: Patinaxe sobre xeo en Invernalia (Culleredo). Inscrición

Fútbol Sala

  • 29 e 30 de Decembro. II TORNEO DE NADAL Cidade de Lugo

CAMPAMENTOS DE NADAL CONCILIACIÓN. 

Como en anos anteriores, todas as actividades desenvolveranse tendo en conta a perspectiva de xénero, a educación en igualdade, a corresponsabilidade e evitando os estereotipos e roles de xénero.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.