Numeracion Curtis logos

Regulamento e folla de inscripción para participar na III Subasta de Elite de Gando Frisón

poxaRegulamento e folla de inscripción para participar na III Subasta de Elite de Gando Frisón do Concello de Curtis.

Está aberto o prazo de inscripción ata o 10 de xaneiro de 2019.

  • Regulamento: pdf
  • Modelo de solicitude: pdf

A III edición da Poxa de Elite, a única deste tipo que se celebra en Galicia para impulsar a calidade xenética das explotacións gandeiras e pór en valor o traballo e o investimento dos titulares, organizarase os días 16 e 17 de marzo.

Na presentación desta nova edición, o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, puxo en valor esta terceira edición tras o éxito das dous anteriores, "que serviron para situar a Curtis no centro do sector gandeiro frisón no panorama nacional xa que se achegaron compradores de todo o país para coñecer as mellores gandarías de Galicia, con animais cunha altísima cualificación morfológica e xenética".

cartel iii poxa

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.