Numeracion Curtis logos

O 31 de xaneiro remata o prazo para solicitar axudas para a banda larga ultrarrápida

Curtis informa copyO próximo 31 de xaneiro rematará o prazo de solicitude das subvencións da Xunta de Galicia para a dotación de servizo de banda larga ultrarrápida a autónomos e empresas illadas en zonas do rural galego.

Esta liña de subvencións, enmarcada no Plan de Banda Larga 2020, conta para cun orzamento inicial de 600.000 euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

As empresas e autónomos interesados poderán beneficiarse de subvencións de ata o 100% dos custos necesarios para o acceso a internet de cando menos 30 Mbps, cun máximo de 20.000 € por proxecto.

Para máis información sobre estas axudas pode acceder á seguinte ligazón: Procedemento, ou ben poñerse en contacto coa Oficina de Banda Larga a través da dirección de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ao 981 95 78 68, en horario de luns a venres de 9:00 a 15:00h.

axudas

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.