Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

Os Reis Magos finalizarán o percorrido por Curtis e Teixeiro cunha chocolatada para os nenos e as súas familias

reis magosCurtis e Teixeiro esperan xa con expectación e ilusión a chegada dos Reis Magos mañán, día 5, comitiva real que percorrerá os núcleos urbanos de Curtis e Teixeiro.

En Curtis, a saída será ás 16.45 horas desde a Estación de Ferrocarril, onde iniciarán un percorrido pola Avenida Principal e cálea Alcalde Espiñeira ata chegar ao Edificio de Usos Multiusos, no recinto feiral, ás 17.15 horas. Alí preparóuselles unha recepción e unha festa cos nenos e as súas familias, que acabará en chocolatada.

En Teixeiro, a hora de saída tamén será ás 16.45 horas. A comitiva real sairá da Casa do Concello e seguirá polas rúas Ramón Espiñeira e as Avenidas Martínez Pardo e Doutor Luís Novo, para acabar no Edificio de Usos Múltiples ás 17.15 horas, onde se organizará a recepción, a festa infantil e a chocolatada.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.