Numeracion Curtis logos

Curtis renova o convenio coa Federación de Boxeo para a gratuidade das actividades que se organizarán no municipio

  • Este fin de semana impártese en Teixeiro un curso de árbitro e xuíces.
  • O presidente da Federación puxo en valor as infraestruturas deportivas do Concello, "similares a un centro de alto rendemento".

convenio boxeo 19O Concello de Curtis e a Federación Galega de Boxeo renovaron o seu convenio de colaboración, que permitirá aos boxeadores e boxeadoras de toda Galicia realizar actividades formativas nas instalacións de Teixeiro. A cambio, o convenio posibilita o acceso dos veciños/as de Curtis de forma gratuíta ás actividades organizadas pola Federación no municipio.

O presidente da FGB, Manuel Planas, que asinou o convenio co alcalde de Curtis, Javier Caínzos, agradeceu está posibilidade e puxo en valor a gran calidade das infraestruturas deportivas deste Concello, "similares a un centro de alto rendemento", sostivo.

A primeira das actividades derivadas da renovación deste acordo é o curso que se imparte este fin de semana en Teixeiro para árbitros e xuíces de boxeo.

O Concello aposta por potenciar con este tipo de convenios as instalacións deportivas do municipio, fomentar o deporte entre a cidadanía, dar a oportunidade de coñecer máis de preto distintas disciplinas deportivas e situar ao municipio no mapa das competicións no ámbito galego.

Así, nos últimos anos realizáronse tres edicións do Summer Festival, que converteron ao concello no centro neurálxico dos deportes de forza e contacto en Galicia, así como cursos de boxeo e exhibicións de boxeo feminino.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.