Numeracion Curtis logos

A xerencia de Atención Primaria comprométese a reforzar o máis axiña posible os centros de Curtis e Teixeiro

  • Aumentará o persoal médico e o material sanitario, segundo trasladoulle o responsable ao alcalde de Curtis, que se reuniu con el onte, venres.
  • As necesidades do PAC estudaranse para a súa inclusión no plan de mellora do plan sanitario de Galicia.

centros saudeCurtis, 19 de xaneiro 2019.- Sanidade reforzará o máis axiña posible os servizos que se prestan en atención primaria nos centros de Curtis e Teixeiro cun aumento do persoal médico para as dúas instalacións, así como con máis mobiliario e material sanitario. A Xerencia de Atención Primaria da área da Coruña trasladoulle este compromiso ao alcalde de Curtis, Javier Caínzos, durante a reunión que mantiveron este venres.

Así mesmo, comprometéronse a estudar as demandas para o PAC de Teixeiro, que da servizo tamén a Sobrado, Aranga e Vilasantar, co fin de reforzalo cun aumento do equipo asistencial (médico e enfermeiro). Esta necesidade analizarase no marco da comisión que creou a Consellería para mellorar o plan sanitario de Galicia.

O rexedor, tras a reunión celebrada hai uns días co Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, volveuse a reunir coa Xerencia de Atención Primaria, coa que mantén un contacto permanente, para insistir na preocupación do Goberno local, veciños e persoal médico pola atención sanitaria do municipio. Caínzos foi contundente en canto á necesidade de asegurar os centros médicos de Curtis e Teixeiro, instalacións que atenden 3.900 cartóns sanitarios fixas e que sofren unha sobrecarga de traballo permanente.

A situación sanitaria do municipio é unha das grandes preocupacións do goberno curtiense, que vén reclamando máis persoal desde hai tempo, insuficiente para atender as necesidades do municipio xa que o 27% da poboación supera os 65 anos, o que implica máis carga de traballo xa que acoden con maior asiduidade ao médico e realízanse máis saídas a domicilio.

A iso súmase a atención cando é requirida ao centro penal de Teixeiro e ao máis medio milleiro de operarios que están a traballar nas obras do Polígono de Teixeiro. Nun futuro a situación agravarase porque se crearán 800 postos de traballo no Polígono, pero tamén se van a crear coa ampliación de parque empresarial de Curtis.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.