Numeracion Curtis logos

Os orzamentos de Curtis para 2019, que non recibiron ningunha alegación en exposición pública, apróbanse de maneira definitiva

  • O BOP acaba de publicar a aprobación definitiva dos orzamentos para o 2019 do Concello de Curtis tras pasar o período de exposición pública sen recibir ningunha alegación.

servizos sociaisEstas contas municipais, que ascenden a 4.558.549 euros, son as máis sociais dos últimos anos ao destinar o 32% a políticas sociais (servizos sociais, educación, deporte e cultura), pero tamén porque segue a senda iniciada hai xa seis anos para non gravar máis as economías familiares. Así, volverán a conxelarse as taxas e impostos municipais, entre eles, o servizo de recollida de lixos, o de axuda no fogar, as instalacións deportivas e as actividades municipais, así como a venda ambulante e mercados

Ademais, case o 20% do orzamento irá destinado a investimentos, o que supón manter a senda de consolidación do incremento neste capítulo iniciada hai tres anos. A partida ascende a 860.000 euros e irá destinada principalmente a melloras da rede viaria do Plan Único en parroquias e centros urbanos, así melloras nos centros sociais, na iluminación pública e en asistencia social.

Tamén volverá asumir o Concello a subida do IPC do servizo de auga e da depuración para evitar que repercuta no recibo dos veciños.

O Goberno de Javier Caínzos tamén aposta para o 2019 por manter as bonificacións máximas do IBI ás explotacións gandeiras e agrícolas, así como ás familias numerosas. Ademais, mantén as bonificacións no imposto do ICIO sobre a construción, instalacións e obras, co fin de incentivar a instalación de empresas no municipio.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.