Numeracion Curtis logos

Os veciños de Curtis e Sobrado compartirán o uso das instalacións deportivas municipais

  • O Concello curtiense amplía os acordos de colaboración con municipios da comarca para un mellor aproveitamento dos servizos públicos.

sobradoOs veciños de Sobrado poderán utilizar as instalacións deportivas do Concello de Curtis nas mesmas condicións e coas mesmas tarifas que os curtienses, mentres os veciños e veciñas de Curtis poderán facer o mesmo nas instalacións deportivas do municipio veciño. Este é o acordo de colaboración que asinaron esta mañá os alcaldes Javier Caínzos e Lisardo Santos.

O Concello de Curtis, que tamén mantén desde hai anos este acordo con Aranga, amplía así os acordos de colaboración con outros municipios para un mellor aproveitamento dos servizos públicos. Con estes convenios quérese non só axudar á sustentabilidade destas instalacións senón tamén facilitar a práctica de deporte a moitos veciños que, por proximidade xeográfica, teñen máis preto as instalacións do outro municipio.

As instalacións titularidade do Concello de Curtis son dous ximnasios municipais, dúas piscinas descubertas, dous pavillóns polideportivos, dous campos de fútbol, un de herba artificial e outro de herba natural, e pistas de pádel e tenis en Curtis e Teixeiro.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.