banner cultura 2019 1

Curtis e Vilasantar pavimentarán e construirán unha senda peonil rúa Xabroeiro, liña divisoria dos municipios

lina curtis vilasantar8 febreiro 2019.- Os Concellos de Curtis e Vilasantar queren pavimentar e mellorar a seguridade peonil da rúa Xabroeiro, acceso que pertence aos dous municipios e que é a súa liña divisoria. O primeiro tramo comunica a rúa Manuel Angel Terrón (Curtis) coa do Cruzamento de Sesmonde (Vilasantar), e as dúas coa estrada autonómica AC-840.

A proximidade do viario co núcleo urbano de Curtis permite establecer unha comunicación necesaria, fundamentalmente para os veciños do núcleo de Conchovello (Vilasantar). Con esta mellora quérese evitar a conflitiva e perigosa conexión viaria a través da estrada AC-840.

Proxéctase, ademais da pavimentación, executar unha senda (agora carece de beirarrúa) para permitir o tránsito peonil ao longo da rúa garantindo unha maior seguridade tanto para os veciños como para o tráfico rodado.

Até este momento, os Concellos de Vilasantar e Curtis manteñen con recursos propios os traballos de conservación ordinarios, pero agora se dará un paso máis aló ao solicitar unha subvención para investir 62.000 euros.

Esta actuación foi ao Pleno ordinario convocado deste mes, onde se aprobou a encomenda da xestión desta subvención e do expediente de contratación ao Concello de Vilasantar.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.