Numeracion Curtis logos

O Goberno local aproba o convenio que permitirá a atención das emerxencias a través do GES até 2021

  • O convenio aprobouse só cos votos a favor do PP, que acusou de incongruencia á oposición "porque sen ese convenio perderiamos o servizo así como 755.469 euros en tres anos, e os 12 efectivos do GES se irían á rúa".
  • O servizo atendeu 1.198 incidencias no 2018 nos 6 municipios aos que dá servizo.

ges incendios8 febreiro 2019.- O Goberno local aprobou en solitario no Pleno ordinario a renovación do convenio do GES de Curtis, que permite que se manteña até o ano 2021 este servizo que atende as emerxencias dos concellos de Curtis, Vilasantar, Mesía, Oza-Cesuras, Aranga e Sobrado, é dicir, a unha población de 18.000 habitantes e 800 quilómetros cadrados.

O ano pasado, o GES de Curtis atendeu 1.198 emerxencias, das que 1.000 foron intervencións de retirada de niños de vespa velutina. Ademais, destaca a súa actuación en 46 accidentes de tráfico e 21 incendios urbanos e forestais, entre outras emerxencias.

O alcalde Javier Caínzos puxo en valor ao Grupo de Emerxencias, "conformado por un excelente equipo humano e profesional, plenamente recoñecido polos veciños de seis municipios".

Os concelleiros non adscritos abstivéronse na aprobación do convenio e pediron melloras laborais para os efectivos do GES. O PP sostivo que era unha total incongruencia pedir melloras para os efectivos e non votar a favor da continuidade do convenio, porque sen convenio non existiría o servizo nin tampouco, por tanto, os doce postos de traballo.

"Claro que somos partidarios de mellorar as súas condicións, pero o convenio non o marcamos nós e sen ese convenio, que vostedes non aproban, nos quedariamos sen o servizo de atención das emerxencias, se irían á rúa os traballadores e nós perderiamos 755.469 euros en tres anos, 251.823 euros cada ano", aclaro o edil Antonio Fraga, que defendeu a profesionalidade dos efectivos, "cuxa labor está moi valorada e ponse como modelo porque os seus baremos de actuación están por encima da media", aclarou.

O novo convenio permitirá manter o servizo a un menor custo para as arcas municipais ao reducir a contribución do municipio ao 7,5%. O resto é financiado por Xunta e Diputación.

Sanidade: reforzos antes do verán

No Pleno, o equipo de Goberno tambén deu conta das xestións realizadas para mellorar os centros de saúde de Curtis e Teixeiro, tras as que se consiguiron un compromiso da Xerencia para reforzar con máis medios humanos e técnicos antes do verán.

Os edís non adscritos presentaron unha moción para esixir eses reforzos, pero o Goberno local sostivo que non a apoiaban "porque temos un compromiso adquirido xa, e estaremos vixiantes para que se cumpra". Antonio Fraga lembrou que a Corporación aprobou con anterioridade mocións no mesmo sentido, "mesmo do ano 2008 cando vostedes aínda non estaban no Concello, xa ven desde cando vimos pelexando por este tema", insistiu.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.