Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis duplica as horas de atención do servizo de Terapia con Animais para menores expostos a situacións de violencia de xénero

  • O Goberno local aumenta a asistencia deste servizo pioneiro para dar resposta ao aumento da demanda.

Pot en la terapiaA área de Igualdade do Concello de Curtis duplica o número de horas de atención do servizo de Terapia Asistida con Animais para menores expostos a situacións de violencia de xénero debido á necesidade xerada polo aumento da demanda.

O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, sostén que se optou por ampliar o servizo, que activou o CIM municipal o ano pasado como iniciativa pioneira en toda Galicia, ao ver que se cumprían os obxectivos, "e é nas idades temperás cando realmente se pode axudar con máis efectividade aos nenos e nenas afectados".

A terapia asistida con cans tenta mellorar a calidade de vida dos máis pequenos a través da súa recuperación psico-social, axudándolles a xestionar as súas propias emocións e buscando un equilibrio emocional, que repercuta directamente na súa saúde.

Este servizo foi recoñecido polo seu carácter innovador nos VI Premios ás Boas Prácticas Locais, de carácter nacional, que concede de maneira anual a delegación do Goberno para a Violencia de Xénero e a Federación Española de Municipios e Provincias.

Con estes recoñecementos, Goberno central e FEMP pretenden visibilizar proxectos novos na súa estratexia da loita contra a violencia de xénero e premiar o compromiso das administracións locais, intercambiando experiencias e ideas e proxectos exitosos desde as políticas máis próximas coa cidadanía.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.