banner narracion curta XIV

Caínzos presenta na Feira GandAgro, en Silleda, a III Poxa de Elite de Gando Frisón do Concello de Curtis

  • O alcalde deu a coñecer tamén o programa das III xornadas formativas ‘O rural galego desde Curtis’, con ponentes de renome internacional.

poxa silledaO Concello de Curtis presentou na Feira GandAgro, en Silleda, a III edición da Poxa de Elite de Gando Frisón que se celebrará os días 16 e 17 de marzo no recinto feiral de Curtis e que é a única deste tipo que se celebra en Galicia para impulsar a calidade xenética das explotacións gandeiras e pór en valor o traballo e o investimento dos titulares.

O Goberno local potencia así nesta feria, que é un dos máis importantes puntos de encontro entre empresas e profesionais do campo, a terceira edición da Poxa, xa consolidada no panorama nacional xa que desde o ano pasado acuden axentes de toda a xeograía española

O alcalde Javier Caínzos deu a coñecer esta subasta, así como as III xornadas formativas ‘O rural galego desde Curtis’, que este ano son monográficas sobre o cultivo do millo.

A estas xornadas acudirán dous destacados expertos internacionais: Francisco Joaquín Morell Soler, director de agronomía de Du-Pont Pioneer; e co recoñecido consultor Albert Porte-Laborde.
Tanto a colleita como o ensilado do millo representan o maior investimento que realizan ano tras ano as explotacións de gando vacún de leite. Acadar o maior rendemento posÍbel por hectárea cultivada supón optimizar os investimentos e mellorar a marxe de beneficio no leite producido.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.