banner cultura 2019 1

A Xuntanza dos Maiores, que cumpre 20 anos nesta edición, será o 24 marzo

Maiores 2019 copyA área de Benestar do Concello de Curtis organiza a que será a XX Xuntanza dos Maiores, que se celebrará o 24 de marzo, domingo, no Edificio Multiusos de Curtis, no Recinto Feiral a partir das 14.00 horas.

Con estas xuntanzas das xentes de máis idade do municipio, o Goberno local busca organizar un punto de encontro onde se xunten cada ano e poidan compartir experiencias e vivencias. Ademais, quere recoñecer o importante papel que xoga a terceira idade na sociedade.

Nesta edición a celebración será no Recinto de Curtis. Cada ano, o Concello rota o lugar de organización entre as localidades de Curtis e Teixeiro.

As persoas interesadas en acudir poderán retirar as invitacións a partir do día 1 ata o 18 marzo, na Casa do Concello, en Teixeiro, ou ben nas dependencias municipais de Curtis. É imprescindible que presenten o carné da terceira idade.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.