Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

O Concello humanizará a contorna da Praza de España, integrando as rúas e ampliando o seu equipamento

  • A actuación complementará a reurbanización que transformou este emblemático espazo en 2017.
  • Ao investimento de 250.000 euros de hai dous anos sumaranse agora 92.000 euros para estas obras, que se iniciarán no verán.

zona actuacion Praza Espana23/02/2019.- O Concello de Curtis iniciará este verán as obras de humanización das rúas da contorna da Praza de España en Teixeiro, onde se sitúa a Casa Consistorial, que serán complementarias á actuación de reurbanización que transformou este emblemático espazo en 2017.

Hai dous anos procedeuse a cambiar toda a pavimentación da praza, que estaba en moi mal estado, retirouse a fonte para deixar un espazo máis diáfano e multiusos, plantáronse especies arbóreas máis adaptables, incluíronse zonas de xogo, mellorouse a accesibilidade e potenciouse a iluminación co fin de mellorar este punto de encontro no que se desenvolven algunhas das principais actividades de Teixeiro, como as feiras dos días 5 e 18 de cada mes, as festas locais e numerosos actos de distintos colectivos sociais.

Esta execución, que supuxo un investimento de 250.000 euros, complementarase agora coa mellora das rúas que delimitan a praza, a que conecta a Avda. Dr. Martínez Pardo con Crego Barbazán e a conexión transversal con Sánchez Anido, así como a conexión da Avda. Dr Martinez Pardo con Ramón Espiñeira, rúas que circunvalan a praza e que peatonalmente se conectan entre si a través da praza. Preténdese ampliar a área de influencia actual ao integrar as rúas e ampliar o seu equipamento.

As obras, orzadas en 92.000 euros financiados polo Concello con apoio doutras administracións, teñen un prazo de execución de dous meses.

Con esta actuación dotarase de rede de pluviais separativa os tramos de actuación; renovaranse as beirarrúas, adaptaranse os espazos públicos ás normas de accesibilidade e suprimiranse as barreiras arquitectónicas.

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.