Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

O Concello de Curtis amplía os días de celebración de Entroido cunha programación para todas as idades

  • Comenzará o día 3 coa II Ruta dos Sabores do Entroido en Curtis e Teixeiro, e finalizará o día 6 con Don Carnal e Dona Cuaresma.
  • O Goberno local repartirá no concurso de disfraces 900 euros en premios, que serán bonos para o comercio local.

Entroido web23/02/2019.- A área de Cultura do Concello de Curtis amplía este ano os días de celebración do Entroido cunha programación para todas as idades.

As festas darán comezo o domingo, día 3, coa II Ruta dos Sabores do Entroido en Curtis e Teixeiro, na que os bares e restaurantes de ambas as localidades ofrecerán tapas e bocados elaborados con produtos típicos de entroido.

O luns, día, 4, os nenos e nenas terán un protagonismo especial coa organización dos obradoiros infantís de disfraces e caretas, que se desenvolverán de 11.00 horas a 13.00 horas no Edificio Multiusos de Curtis e no Edificio Usos Múltiples de Teixeiro.

O martes, día 5, será o día grande coa festas e concursos de disfraces, que se celebrarán a partir das 17.00 horas no Edificio Multiusos de Curtis e no Pavillón de Teixeiro. Estableceranse, un ano máis, dúas categorías de disfraces, o concurso infantil, ata os 16 anos, e o concurso de adultos.O Goberno local repartirá 900 euros en premios, que serán bonos para compra no comercio local.

O mércores, día 6, celebrarase a despedida do Entroido con Don Carnal e Dona Cuaresma, para á que se organizarán contacontos e manualidades do enterro da sardiña. Será de 11.30 a 13.00 horas no Edificio Multiusos de Curtis e no Edificio Usos Múltiples de Teixeiro.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.