banner cultura 2019 1

O Concello de Curtis adecúa novas instalacións para a Biblioteca municipal con espazos pensados para os máis novos

  • Porá en marcha unha campaña para impulsar os hábitos de lectura, especialmente entre os máis novos.
  • O secretario de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, visitou as dependencias e destacou o esforzo realizado polo concello.

Bblioteca 1A área de Cultura do Concello de Curtis quere impulsar os hábitos de lectura, especialmente entre os máis novos para que o vexan non só como un deber nos colexios e institutos senón como un pasatempo enriquecedor e divertido. Para iso, adecuou novas instalacións para a Biblioteca Municipal no mesmo edificio onde estaban e que substitúen ás anteriores, e renovou a totalidade do mobiliario facendo un guiño especial aos máis novos con espazos pensados para eles.

Tamén porá en marcha unha campaña para motivar á lectura e unha programación especial para os nenos e nenas e as súas familias.

Valentín García, secretario de Política Lingüística da Xunta de Galicia, visitou onte como quedaron as novas dependencias culturais, acompañado do alcalde Javier Caínzos e de Eva Lata, concelleira de Cultura. Foi recibido, ademais, por numerosos nenos, que gozaron dunha actuación de Cativo Caxoto.

O responsable de Política Lingüística destacou o esforzo do Concello de Curtis por fomentar a cultura e a lectura, e máis especialmente por potenciar a lingua galega, e lembrou que o Goberno Local, que pertence á Rede de Dinamización Lingüística, promove un dos Premios de Relatos de Narración Curta en galego máis interesantes, que nesta edición cumpre xa 14 anos.

O alcalde, Javier Caínzos, subliñou que "ler fomenta o enriquecemento cultural e o propio desenvolvemento cognitivo, pero tamén potencia a creatividade e imaxinación", e sostivo que, "no caso dos nenos, fomentar a lectura desde idades temperás axudaralles a xerar un hábito saudable e enriqueceralles como persoas".

O investimento nesta actuación, desenvolvida con fondos propios do Concello grazas a contar con remanente e unhas contas saneadas, ascendeu a 18.000 euros.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.