Numeracion Curtis logos

A alta calidade xenética do gando frisón presente na III Poxa de Elite do Concello de Curtis atraerá a gandeiros de toda España e Portugal

  • A poxa, a única deste tipo que se celebra en Galicia, celebrarase os días 16 e 17 de marzo no Recinto Feiral de Curtis.
  • Os 18 animais que se porán á venda proceden na súa totalidade das mellores gandarías galegas, e presentan un nivel xenético moi elevado.
  • O día 16 o Concello organiza a III Xornada do Rural Galego desde Curtis, que se centra no cultivo do millo, á que acoden expertos internacionais.

cartel iii poxaO municipio de Curtis volverá a ser o centro do sector gandeiro frisón no panorama nacional os días 16 e 17 de marzo coa III edición da Poxa de Elite de Gando Frisón que organiza o Concello de Curtis, a única deste tipo que se celebra en Galicia para impulsar a calidade xenética das explotacións gandeiras e pór en valor o traballo e o investimento dos titulares.

Con esta poxa, o Concello de Curtis, en colaboración coa empresa EmbrioMarket, quere dinamizar a economía da zona e dar visibilidade ao traballo e ao investimento dos gandeiros ao supor para eles un escaparate a nivel nacional.

Os 18 animais que se porán á venda proceden na súa totalidade de gandarías galegas, o que pon de manifesto a gran calidade da cabana de frisón da comunidade e o enorme esforzo dos gandeiros por mellorar o nivel xenético dos seus rabaños.

Nesta edición inscribíronse as mellores gandarías de Galicia con animais cun nivel xenético moi elevado, cunha media por GICO de 4.100 puntos ou con 12 xeracións MB/EX na súa pedigrí. “E precisamente esta alta calidade a que xa atraeu o ano pasado ata o Recinto Feiral de Curtis a compradores de toda España como Andalucía, Cataluña, Cantabria, Asturias e a zona centro”, lembra o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, que sostén que o evento, aberto a calquera comprador, resulta de gran interese para gandeiros de toda España e Portugal.

Esta terceira edición da poxa será moi equilibrada en canto aos lotes presentados. Varios exemplares levan, ademais, contrato de macho e/ou embrións o que supón un valor adicional para o comprador.

A poxa conta con outras vantaxes adicionais, como a de que non se aplica ningún tipo de comisión ao comprador nin ao vendedor, a de que o porte até a gandaría de destino é gratuíto ou a de que o comprador obtén coa operación un ciclo de fecundación in vitro sen custo.

Xornada Técnica Monográfica sobre o Cultivo do Millo

xornada millo copyComo preámbulo da poxa, o Concello volve organizar a III Xornada do Rural Galego desde Curtis, acción formativa para impulsar o sector primario á que acudirán relatoras de primeiro nivel. Nesta edición será unha Xornada Técnica Monográfica sobre o Cultivo do Millo, que se celebrará o sábado, 16 de marzo, no Recinto Feiral de Curtis.

A estas xornadas acudirán dous destacados expertos internacionais: Francisco Joaquín Morell Soler, director de agronomía de Du-Pont Pioneer; e co recoñecido consultor Albert Porte-Laborde.

Tanto a colleita como o ensilado do millo representan o maior investimento que realizan ano tras ano as explotacións de gando vacún de leite. Acadar o maior rendemento posÍbel por hectárea cultivada supón optimizar os investimentos e mellorar a marxe de beneficio no leite producido.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.