banner cultura 2019 1

Máis de 200 persoas chegaron a Curtis de toda Galicia e Asturias a escoitar as clases maxistrais sobre o cultivo do millo

  • O consultor Albert Porte-Laborde e Fco. Joaquín Morell, director de agronomía de Du-Pont Pioneer, incidiron na necesidade de mellorar a formación.
  • Pola tarde e mañá proseguen as actividades previstas na III Poxa de Elite de Gando Frisón organizada polo Concello de Curtis.

millo16/03/2019.- Máis de 200 persoas acercáronse esta mañá ao Recinto Feiral de Curtis a escoitar aos dous grandes expertos internacionais sobre o cultivo do millo, o recoñecido consultor Albert Porte-Laborde e Francisco Joaquín Morell Soler, director de agronomía de Du-Pont Pioneer, que participaron nas III Xornadas do Rural Galego desde Curtis organizadas polo Concello curtiense no marco da III Poxa de Elite de Gando Frisón.

A expectación causada pola presenza destes expertos atraeu ao municipio a gandeiros e agricultores de toda Galicia e tamén a unha numerosa excursión organizada de Asturias. Acompañaron aos especialistas o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, e os concelleiros Antonio Fraga e Alfonso Gómez. O director xeral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez Vázquez, abriu as xornadas destacando a importante aposta do Concello polo rural.

A expectación causada pola presenza destes expertos atraeu ao municipio a gandeiros e agricultores de toda Galicia e tamén a unha numerosa excursión organizada de Asturias. Acompañaron aos especialistas o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, e os concelleiros Antonio Fraga e Alfonso Gómez.

Os dous conferenciantes, que ofreceron auténticas clases maxistrais segundo os gandeiros e agricultores presentes, destacaron a importancia da actual tecnoloxía no cultivo do millo. Pero incidiron na necesidade de especializarse no seu manexo, así como nos procesos previos de preparación da terra e da semente para acadar un maior rendemento por hectárea.

Este ano as xornadas formativas cambiaron o seu formato xa que o espazo das conferencias se trasladou a mesma zona dos stands comerciais para darlles unha maior visibilidade.

Exposición dos animais

As actividades da III Poxa de Subasta de Elite continuan pola tarde coa exposición dos animais que se subastarán mañá a partir das 11.30 horas. Os 18 animais que se porán á venda proceden na súa totalidade de gandarías galegas, o que pon de manifesto a gran calidade da cabana de frisón da comunidade e o enorme esforzo dos gandeiros por mellorar o nivel xenético dos seus rabaños.

Con esta poxa, o Concello de Curtis, en colaboración coa empresa EmbrioMarket, quere dinamizar a economía da zona e dar visibilidade ao traballo e ao investimento dos gandeiros ao supor para eles un escaparate a nivel nacional. Esta é a única poxa deste estilo que se desenvolve en Galicia.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.