banner cultura 2019 1

Máis de 300 veciños e veciñas asistiron a XX Xuntanza dos Maiores

festa maiores 19Máis de 300 veciños e veciñas asistiron a XX Xuntanza dos Maiores, organizada desde a área de Benestar do Concello de Curtis para recoñecer o importante papel que xoga a terceira idade na sociedade, e no noso municipio.

Nesta homenaxe, o alcalde Javier Caínzos e a concelleira de Benestar, Eva Lata, entregaron un obsequio especial aos dous veciños de máis idade entre os que acudiron ao encontro, María Andrea Fandiño Rodríguez, que naceu en 1924 (95 anos), e Antonio Sánchez Espiñeira, de 100 anos.

Con esta xuntanza, o concello tamén busca organizar un punto de encontro onde se reúnan os maiores do municipio cada ano e poidan compartir experiencias e vivencias.

maiores 2A este recoñecemento acudiu a totalidade do equipo de Goberno, así como os e as traballadores da área de Servizos Sociais, entre eles os técnicos/as auxiliares e os auxiliares do Servizo de Axuda a Domicilio e do Centro de Información á Muller. Ademais, estiveron entre os convidados á escritora e pintora Anxeles Penas e o comandante do posto da Garda Civil.

Na festa, que contou con música e baile en directo, tamén se entregaron bonos para comprar no comercio local.

Nesta edición a celebración organizouse no Recinto de Curtis. Cada ano, o Concello rota o lugar entre as localidades de Curtis e Teixeiro.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.