banner cultura 2019 1

Igualdade desenvolverá un taller de defensa persoal con perspectiva de xénero

defensa persoalA área de Igualdade do Concello de Curtis, desde o Centro de Información á Muller, convoca un taller de defensa persoal, organizado como un curso de prevención e manexeo de situacións de risco con enfoque de xénero.

Nesta acción ensinaranse técnicas de autoprotección e traballaranse:

  • Técnicas de prevención a agresións e agarres.
  • A resolución de agarres.
  • A resolución tento de agresión no chan.
  • A resolución de intento de golpeos con brazos e puños.

Os monitores serán Antonio Gómez, presidente da Escola de Artes Marciais Betanzos, que se encargará das clases que se impartirán do 22 de abril ao 29 de maio, os luns e mércores, de 18.25 h. a 19.30 h; e Cristina Alvárez, campiona do mundo e tres veces campiona de Europa, que impartirá unha clase especial o sábado, 25 de maio.

As clases, que se ofrecerán por grupos de idades, desenvolveranse no Salón de Actos do Recinto Feiral de Curtis.

Máis Información e inscrición: CIM Curtis

  • Telf. 981 789 003 ext:2031 / 981 789 121
  • email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.