banner cultura 2019 1

O Concello de Curtis asina un convenio para que Aranga use as instalacións do Punto Limpo

ConvenioO alcalde de Curtis, Javier Caínzos, asinou un convenio co rexedor de Aranga. Alberto Platas, para que a veciñanza do municipio limítrofe poidan utilizar as instalacións do Punto Limpo situado no Polígono Industrial de Teixeiro.

Este convenio é un exemplo da colaboración institucional que vén prestando Curtis con outros concellos para ampliar a prestación de servizos a outros veciños da comarca.

O acordo nace da necesidade de optimizar os recursos públicos que oferta o Concello curtiense xa que ten capacidade para atender a maior número de poboación. Neste caso, o Punto Limpo pode ser aproveitado por máis municipios co consecuente aforro na recollida e transporte dos residuos sólidos a Cerceda ou outras plantas de tratamento.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.