Numeracion Curtis logos

Curtis pelexará porque se manteñan o rexistro civil e o xulgado de paz pola súa elevada carga de traballo

  • Presentará unha moción para instar o Goberno a manter estes servizos como públicos, gratuítos e próximos á cidadanía.
  • Nos últimos 5 anos tramitáronse preto de 4.000 expedientes, cifra especialmente alta pola proximidade ao centro penal de Teixeiro.

casa concello copyO Goberno local do Concello de Curtis non se vai a quedar quieto ante a ameaza de peche do xulgado de paz e o rexistro civil, consecuencia da Lei 20/2011, que dispón da privatización do servizo que prestan os rexistros civís no rural, e que tamén abre a porta ao peche do xulgado de paz.

Para iso, o equipo de Goberno levará ao próximo Pleno ordinario unha moción na que instará o Goberno central a manter os servizos, e que estes sigan sendo públicos e próximos aos veciños, así como gratuítos.

O Goberno que encabeza Javier Caínzos considera que se deben manter os rexistros civís e os xulgados de paz no rural, e máis se se defende a necesidade de asentar poboación. "Con todo -di a moción- os que defenden denodadamente o achegamento de todos os servizos, logo non predican co exemplo e aproban leis que seguen o camiño contrario".

O caso do municipio Curtis é especial, ademais, polo alto volume de tramitacións chegadas desde o Centro Penal de Teixeiro. Nos últimos 5 anos tramitáronse preto de 4.000 expedientes. O Concello ten previsto, ademais, crear na inminente RPT a praza para atender o rexistro.

De desaparecer, a cidadanía curtiense e os veciños da comarca deberán trasladarse máis de 25 quilómetros até Betanzos, a cabeceira do partido xudicial, coa que hai un déficit de comunicacións, a realizar xestións que agora fan no municipio, como as inscricións de nacemento, matrimonio e defunción, actos de conciliación e fes de vida, entre outras necesidades.

O Goberno local non descarta iniciar outras series de medidas para reivindicar estes dous servizos.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.