banner cultura 2019 1

Curtis distribuirá en edificios públicos e comercios pictogramas para facilitar a actividade diaria das persoas con trastornos como o autismo

  • O alcalde Javier Caínzos apunta que o obxectivo é facilitar a vida cotiá das persoas e conseguir contornas accesibles en igualdade.
  • Tamén porá en marcha acciones de concienciación, que comezan este luns, día 8, cunhas charlas de dous especialistas sobre a infancia e o autismo.

pictogramasO Concello de Curtis quere facilitar ás persoas con capacidades diferentes, especialmente aos máis pequenos, unha maior accesibilidade nas contornas públicas para facilitar a súa integración e o desenvolvemento das súas actividades diarias.

Para iso, iniciará a distribución nos edificios públicos e nos locais comerciais do municipio pictogramas que sinalen instalacións e lugares, o que facilitará a súa identificación ás persoas con alteracións na comunicación, a interacción e a linguaxe, como son as persoas con trastornos TEA (autismo).

Esta campaña desenvolverase desde a área de Igualdade, xa que, sostén o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, "as administracións deben fomentar a comunicación tamén en clave de igualdade xa que esta é fundamental non só para o desenvolvemento da sociedade senón tamén para o desenvolvemento persoal". "Existen sistemas alternativos de comunicación, e por tanto de representación da linguaxe, que facilita enormemente a vida cotiá das persoas e por iso este é un paso máis para conseguir contornas accesibles en igualdade", incidiu.

O CIM Curtis traballa xa nos colexios e cos comerciantes para establecer con eles unhas pautas de traballo e de concienciación para conseguir contornas máis accesibles. Ademais, puxéronse en marcha talleres de concienciación en materia de discapacidade e de capacidades diferentes, que se desenvolverán de maneira progresiva durante todo o ano.

Concienciación

A primeira das accións serán as charlas que impartirán este luns, día 8, ás 16.30 horas, dous especialistas en trastornos TEA no Centro Etnográfico de Teixeiro, e que conta xa con preto de 80 persoas inscritas.

Os relatores, que falará do autismo e a infancia e de como se desenvolve a vida diaria das persoas con TEA, serán Betania Croba Fernández, profesora da Facultade de Ciencias dá Saúde e membro de Grupo de investigación TALIONIS (Tecnoloxía Aplicada á Investigación en Ocupación, Igualdade e Saúde) da UDC, e José Antonio Rama Fandiño, director de PASITOS, Centro de Desenvolvemento Infantil.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.