Numeracion Curtis logos

Máis de medio centenar de menores das áreas de Curtis e Teixeiro, inscritos no novo servizo Concilia na Escola

  • O Concello convocará unha reunión en breve coas familias para explicarlles o funcionamento deste servizo de atención a nenos e nenas de 3 a 11 anos.

Teixeiro local socialO prazo de preinscrición do novo servizo Concilia na Escola, que o Concello de Curtis abrirá para o próximo curso escolar, finalizou con 52 menores inscritos, 30 dos cales son da zona de Curtis e 22 de Teixeiro.

Este servizo, dirixido a nenos e nenas de 3 a 11 anos de idade, prestará atención ao alumnado antes do inicio das clases pola mañá e ao finalizar polas tardes. O obxectivo é apoiar ás súas familias na conciliación familiar.

Até o 30 de abril as nais e pais puideron presentar a prescrición dos menores e facer chegar as súas suxestións e necesidades. Con esta información, o Centro de Información á Muller (CIM) de Curtis, responsable da posta en marcha do servizo, preparará unha proposta de horarios que tentará ser o máis respectuosa posible coas demandas das familias.

En breve, fixarase unha reunión expositiva para informar de todos os detalles do servizo e posteriormente procederase á formalización de matrículas para o próximo curso escolar, que iniciará en setembro de 2019.

Este novo servizo está incluído entre os compromisos do IV Plan de Igualdade do Concello de Curtis 2018-2020, que xira sobre á educación, a conciliación, o emprego, o benestar social e a violencia de xénero.

Concilia na Escola desenvolverase no Centro de Lecer de Curtis, onde xa viña funcionando o programa Escolar na Casa, e no Centro de Lecer de Teixeiro, que se acaba de acondicionar para este fin nas instalacións anexas ao CEIP.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.