Numeracion Curtis logos

Increméntase a dotación do servizo de Atención Primaria

  • A incorporación dun novo facultativo reduxo as tarxetas sanitarias por médico de 1.285 a 953, cifra por debaixo da media recomendada que se sitúa entre as 1.400 e as 1.500

centro saude

A incorporación dun novo facultativo permitiu reducir as tarxetas sanitarias do Servizo de Atención Primaria da Área de Curtis. No caso do número de adultos por médico pasou de 1.285 a 953, cifra moi por debaixo da media recomendada que se sitúa entre as 1.400 e as 1.500.

No ámbito do Servizo cóntase na actualidade con 6 médicos de familia, para un total de 5.142 TIS de adultos polo que ven 28,17 pacientes diarios de media e 1 pediatra que realiza unha media 14,53 consultas, para 479 rapaces. O Servizo de Atención Primaria conta tamén con 4 enfermeiras e 1 matrona, ademais de 4 persoas en servizos xerais.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.