Fallado o XIV Premio de Narración Curta Concello de Curtis
O xurado do certame do XIV Premio Narración Curta Concello de Curtis fallou xa os premios destacando o alto nivel dos relatos presentados, así como o récord no número de participantes, 115 de toda Galicia.
A proposta temática deste ano foi un reto literario no que se convidou á xente a escribir un relato no que tiñan que aparecer vacas, un tren e... zombis!
O Concello de Curtis convoca este galardón desde hai catorce anos co fin de promocionar as letras galegas.
Os premiados:
CATEGORÍA A (xente nova)
- 1º premio de 200 euros para Nee Barros Fernández, de Marín, polo seu relato RE(IN)SURRECCIÓN
- 2º premio de 100 euros para Alba Guzmán Falcón, de Ourense, polos seu relato RESURRECCIÓN
CATEGORÍA B (xente adulta)
- 1º premio de 350 euros para Antonio Piñeiro, de Ribeira, polo seu relato ONDE NOS LEVEN
- 2º premio de 150 euros para Emma Pedreira e Eli Ríos, da Coruña, polo seu relato ZETAVACAS
O xurado estivo formado polo escritor Antonio Manuel Fraga e pola gañadora da edición anterior, Elena Pérez Vázquez, xunto coa coordinadora do certame, Lucía Aldao, con voz e sen voto.
Os galardón entregaranse o 7 de xuño.