Numeracion Curtis logos

O Concello lembra á veciñanza a obriga de manter limpas as súas parcelas para previr incendios forestais

paisaxeO Concello de Curtis lembra aos veciños e veciñas a urxente obrigatoriedade de manter limpas as súas parcelas de naturaleza urbana ou próximas a vivendas rurais para previr os incendios forestais. 

En colaboración coa Xunta de Galicia, procederase a realizar inspeccións para verificar o cumprimento destas obrigas.

O seu incumprimento conlevará a apertura dun expediente sancionador e repercutirase nos propietarios os traballos de limpeza que a Administración debe realizar de maneira subsidiaria.

As sancións están recollidas na Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e modificacións derivadas da Lei 7/2012, de 28 de xuño, de Montes de Galicia (modificado DOG 28/12/2017).

Teléfonos de apoio:

  • Servizos provinciais de prevención e defensa contra incendios: 981 184 535
  • Teléfonos de Emerxencias (Defensa contra incendios forestais): 085
  • Distrito Forestal II Bergantiños - Mariñas Coruñesas: 881 960 422 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.