Numeracion Curtis logos

O prazo para a inscrición nos Campamentos de Conciliación finaliza o 19 de xuño

conciliacionO prazo de inscrición para participar nos Campamentos de Conciliación do Concello de Curtis, finaliza o 19 de xuño. Incluirán actividades deportivas, culturais, excursións, obradoiros...

  • 1ª QUENDA (24 Xuño a 12 Xullo)
  • 2ª QUENDA (15 Xullo a 26 Xullo)
  • 3ª QUENDA (29 Xullo a 9 Agosto)

Idade mínima: nados en 2015.

Prazas limitadas.

Lugar onde se celebrarán:

  • Teixeiro: CEIP
  • Curtis: Centro de Ocio Infantil

Horario:

  • Días laborais de 9:00 a 14:00h. (de luns a venres excepto festivos)

Prezo por quenda:

  • 15,51 euros/quenda.

Ingreso na conta ES57-0238-8171-3006-6000-0271 facendo constar Campamentos Urbanos e
adxuntar o xustificante bancario á ficha de inscrición.

Ficha de inscrición: pdf

Equipo recomendado:

  • Equipamento deportivo: chandal, sudadeira, equipación deportiva, camiseta, pantalón corto,
    calcetíns, zapatillas de deportes, chanclas para a ducha, bañador, gorro de piscina e toalla de baño.
  • Gorra
  • Crema protectora solar

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.