Numeracion Curtis logos

Documento de comunicación para a realización de cacharelas en San Xoán

hogueraOs interesados/as en organizar cacharelas/sardiñadas en terreos privados na noite de San Xoán o vindeiro 23 de xuño deberán cubrir a seguinte comunicación e entregala no Rexistro Xeral do Concello de Curtis.

No documento infórmase, ademais, das normas de prevención de incendios.

  • Comunicación: pdf

Normas de prevención:

  • O lume non terá unha altura superior a 3 metros nin máis de 6 de base. Se se atopa a menos de 400 metros do monte estas medidas reduciranse á metade: 1,5 metros altura e 3 metros base.
  • O lume afastarase da leña apilada, das liñas de tendido eléctrico, liñas de telecomunicacións e de calquera almacenamento de produtos inflamables, a lo menos 5 metros.
  • Prohíbese queimar plásticos ou calquera outro produto que xere fume tóxico, produtos inflamables ou envases presurizados.
  • Terase preparado preto do lume unha mangueira ou auga en baldes.
  • Está prohibido facer o lume enriba do solo de dominio público pavimentado, con aglomerado, ou preparado de calquera xeito quie poda ser danado polo lume.
  • O responsable non abandonará o lugar ata tanto en canto non quede totalmente apagado o lume, e unha vez extinguido humedecerá os restos con auga.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.