Numeracion Curtis logos

Os Concellos de Curtis e Sobrado desenvolverán xuntos un novo proxecto ambiental de concienciación e vixilancia da xestión dos residuos

rio carregalOs Concellos de Curtis e Sobrado desenvolverán de maneira conxunta o 'Proxecto Ambiental Curtis e Sobrado', a cargo do Fondo de Compensación Ambiental financiado pola Xunta de Galicia.

O proxecto consistirá:

  • Na execución dunha campaña de concienciación informativa e divulgativa dirixida aos veciños e veciñas e aos axentes sociais máis representativos dos dous municipios, co fin de desenvolver unha óptima separación en orixe e recollida selectiva de residuos urbanos. Informarase sobre a clasificación dos residuos domésticos aos efectos da súa xestión, as obrigas e responsabilidades dos produtores ou posuidores de residuos, os sistemas de recollida, a tipoloxía e as normas de utilización dos colectores.
  • No control e vixilancia da xestión dos residuos e vertidos realizados nos dous concellos co fin de dar apoio municipal ao desenvolvemento das tarefas de mantemento e protección do ambiente, en xeral.
  • Na elaboración dun mapa de recursos municipais existentes nos concellos de Curtis e Sobrado, realizando unha revisión da adecuación de ditos recursos (colectores), en número, ubicación e estado dos mesmos, para unha xestión eficaz en materia ambiental.

Para o seu desenvolvemento, se procederá a contratación, laboral temporal, de un técnico ambiental e sete peóns ambientais.

O prazo para presentar as solicitudes serán 7 días hábiles desde a súa publicación.

Pódense revisar nos taboleiros de anuncios do Concello os requisitos e as condicións nas bases de contratación, ou nesta mesma web:

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.