Numeracion Curtis logos

Novas áreas do Goberno do Concello de Curtis e organización para o mandato

O novo goberno local de Curtis levará ao pleno de organización, que se celebrará o luns, día 1 de xullo, ás 14.00 horas, a constitución dos grupos municipais e a constitución das distintas áreas de Goberno, así como todos os aspectos relativos á configuración dos novos órganos.

goberno curtis 2019

As áreas de Goberno quedarán constituídas da seguinte maneira:

  1. Alcaldía: Javier Caínzos, que asume as áreas de Urbanismo, Facenda, Comunicación e Réxime Interior.
  2. Área de Medio Ambiente, Saúde e Promoción Industrial: Antonio Fraga Sánchez
  3. Área de Igualdade, Xuventude, Educación e Cultura: Eva Mª Lata Naveira
  4.  Área de Deportes e Voluntariado: Mª da Carmen Cernadas Sánchez
  5. Área de Benestar Social: Marta Belén Barreiro Méndez
  6. Área de Servizos, Emerxencias e Obras: Emilio Souto Igrexas
  7. Área de Medio Rural, Feiras e Mercados: Alfonso Gómez Cancelo
  8. Área de Promoción Económica, Emprego e Formación: José Barral López

Tenencias de alcaldía:
Neste mandato repetirá como primeiro tenente de alcalde o concelleiro Antonio Fraga, e como segunda, Eva Lata. Como terceira tenente alcalde estará Marta Belén Barreiro Méndez.

Plenos:
Os plenos ordinarios celebraranse cada dous meses, o primeiro venres do mes dos meses pares, ás 14.00 horas. Os extraordinarios serán fixados pola alcaldía, e cando o soliciten polo menos unha cuarta parte dos membros da Corporación.

Dedicacións exclusivas:
O Goberno local manterá as dúas dedicacións que xa tiña no mandato anterior, a do alcalde, e a do primeiro tenente de alcalde. En canto ás retribucións salariais, o rexedor cobrará a cantidade prevista por lei, 42.452 euros brutos anuais, despois de seis anos de conxelación salarial consecutiva, nos que se mantivo en 34.147 euros, soldo que se situaba entre os máis baixos da comarca. O primeiro tenente de alcalde, que conta con dedicación desde o anterior mandato, cobrará 42.000 euros.

Comisión de Coordinación:
Nesta Comisión de Coordinación, os concelleiros e concelleiros do Goberno local debaten, acordan, coordinan e planifican a acción municipal. Este órgano está recollido no Regulamento Orgánico Municipal (ROM) do Concello de Curtis (art.13). Formarán parte da comisión:

  • Antonio Anxo Fraga Sánchez
  • Mª da Carmen Cernadas Sánchez
  • Marta Belén Barreiro Méndez
  • Emilio Souto Igrexas
  • Alfonso Gómez Cancelo
  • José Barral López
  • Eva Lata Naveira

Retribucións por asistencia aos órganos colexiados:
Recibiranas os e as sen dedicación exclusiva:

  • Pleno: 150 euros por membro e sesión.
  • Comisión Especial de Contas: 145 euros por membro e sesión.
  • Comisión de Coordinación: 140 euros por membro e sesión.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.