Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis adxudica as bancadas cubertas do campo de Fútbol de Teixeiro, obra que durará tres meses

  • A licitación ascende a 145.381 euros

teixeiro futbolO Concello de Curtis acaba de adxudicar as obras para dotar de bancadas cubertas o campo de fútbol de Teixeiro, actuación licitada cun orzamento de 145.381 euros, IVE incluído.

A empresa adxudicataria é Desarolla Obras ey Servizos, que conta cun prazo de 90 días para finalizar esta execución.

As obras proxectadas consisten na construción dunha bancada cuberta, no que se instalará, ademais, unha área de cantina e baixo o mesmo dous espazos destinados a almacenaxe.

O Goberno local inclúe esta actuación no plan de melloras das infraestruturas deportivas, xa que tamén adxudicou as obras de bancadas cubertas ao campo de fútbol de Curtis en Bodeus e mellorou a iluminación das dúas instalacións.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.