Numeracion Curtis logos

Avanzan a moi bo ritmo as obras de mellora dunha vintena de camiños da rede municipal en todas as parroquias curtienses

  • O investimento ascende a 385.000 Euros de fondos propios.

O Concello de Curtis está a executar este verán obras de mellora nunha vintena de camiños da rede municipal nas parroquias de Fisteus, Foxado, Lourdes e Santa Eulalia, nas que o investimento ascende a 385.000 Euros de fondos propios.

As actuacións, que avanzan a moi bo ritmo, consisten no reforzo da calzada mediante a aplicación de mesturas bituminosas continuas ou con tratamentos superficies mediante regos con gravilla, procedendo, ademais, a apertura de cunetas e a sanear brandóns e bacheos. Tamén se corrixirán os defectos do pavimento da calzada e mellorarase a capa de rodadura final dos camiños. Os proxectos inclúen a sinalización horizontal coas marcas de STOP e liñas de detención, pasos de peóns e cebreados.

As obras son as seguintes:

obras rede

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.