Numeracion Curtis logos

O novo servizo municipal de ‘Concilia na Escola’ para nenos de 3 a 11 anos comeza a andar o 11 de setembro en Curtis e Teixeiro

Concilia

  • Ademais da atención de mañá e tarde para atender ao alumnado, incorporase, a petición dos país e nais, un periodo de adaptación dos máis pequenos.
  • O Concello activa este servizo para apoiar á conciliación familiar, tanto das necesidades actuais como das que se prevén coa apertura das novas empresas.

O novo servizo de ‘Concilia na Escola’ do Concello de Curtis comezará a andar o vindeiro 11 de setembro nas instalacións municipais dos Centros de Ocio de Curtis e Teixeiro.

O servizo, destinado a atención dos alumnos e alumnas de 3 a 11 anos, prestará atención antes do inicio das clases pola mañá e ao finalizar polas tardes. O obxectivo é apoiar ás súas familias na conciliación familiar.

Esta prestación púxose en marcha este curso co fin de dar resposta a unha necesidade actual dos pais e nais pero tamén para preparar ao concello ante o período de dinamización económica que suporá a apertura das novas empresas no Polígono de Teixeiro e a ampliación do parque empresarial de Curtis.

‘Concilia na Escola’ disporá de horario de mañá e de tarde, abarcando as horas previas de entrada aos colexios, con posibilidade de almorzo ou non e dúas horas desde a saída do servizo de comedor.

Programáronse, ademais, gran variedade e oferta de actividades, que poderán coordinarse co propio servizo de conciliación do CIM Curtis.

O servizo estableceuse contando coa opinión de todos os pais e nais, que achegaron as súas aportacións, e por iso tamén oferta á posibilidade dun servizo de conciliación máis amplo durante o período de adaptación escolar dos pequenos e pequenas. Desta maneira, as familias non deberán interromper os seus traballos ou quefaceres para achegar aos pequenos ao centro escolar, xa que diso se encargarán as propias monitoras do servizo.

Horarios

As inscricións están abertas, e poderanse apuntar incluso iniciado o curso. O período de prescrición finalizou con 52 menores inscritos, 30 en Curtis e 22 en Teixeiro.

Existe a posibilidade de inscribirse en días esporádicos, en servizo de mañá ou de tarde, ou incluír o servizo completo.

Para o caso dos días esporádicos, poderase avisar o propio día no que se precise o servizo, acudindo ao Centro de Ocio correspondente no seu horario de apertura.

Este novo servizo está incluído entre os compromisos do IV Plan de Igualdade do Concello de Curtis 2018-2020, que xira sobre á educación, a conciliación, o emprego, o benestar social e a violencia de xénero. Por iso, ademais, todas as actividades e dinámicas que se apliquen terán en conta o principio de igualdade de xeito transversal, fomentando a igualdade.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.