banner cultura 2019 1

Finaliza a urbanización do Polígono de Teixeiro co 75% das parcelas vendidas e a previsión de que en 2020 de traballo a máis de 1.100 persoas

  • A aposta impulsada polo Goberno de Javier Caínzos supón o maior investimento público nun só proxecto na historia do municipio.
  • A día de hoxe captáronse máis de 300 millóns de investimento privado no polígono con industrias vinculadas co sector primario.

Foto recepcion Poligono 2O Concello de Curtis acaba de recepcionar a segunda e última fase da urbanización do Polígono Industrial de Curtis-Teixeiro, obras que comezaron no 2018 e nas que se investiron máis de tres millóns de euros.

O investimento público no polígono, que o Goberno de Javier Caínzos impulsou para dispor de chan industrial adaptado ás necesidades dos empresarios co fin de dinamizar a economía local e comarcal e fixar poboación, ascende a 24,5 millóns de euros.

"É o maior investimento público realizada en toda a historia do municipio nun único proxecto", sostén o alcalde curtiense, que incide en que "grazas a este investimento conseguimos xa captar máis de 300 millóns de investimento privado, o que supón a creación de centos de postos de traballo vinculados, principalmente, co sector primario".

O de Teixeiro, con 1.747.000 metros cadrados, é o polígono da provincia da Coruña de maior superficie con parcelas en venda. Da superficie comercial (977.500 metros cadrados), o 75% está xa vendida ou comprometida, o 77% da primeira fase e un 65% na segunda. En total, das 119 parcelas, 77 están vendidas e 11 comprometidas.

Postos de traballo

POLIGONO TeixeiroActualmente, as empresas xa instaladas dan traballo a máis de 300 persoas, e o próximo ano coa apertura de dúas industrias pioneiras a nivel estatal nos seus sectores, Inleit, no lácteo, e Greenalia, no das enerxías renovables, crearanse 800 postos de traballo entre directos e indirectos.

Os traballos de captación de novas empresas para o Polígono, aínda que é de xestión do SEPES, leváronse directamente desde o Concello co fin de dar un servizo máis próximo aos empresarios. "É un traballo que seguiremos facendo xa que o Polígono vaise a converter no motor galego do sector primario, e iso, sen ningunha dúbida, vai axudar a fixar poboación no rural", asegura o alcalde Javier Caínzos.

Para dar atención a dinamización social e económica que suporán as novas industrias, o Concello puxo en marcha xa neste curso o servizo de 'Concilia na Escola', para atender aos menores de 3 a 11 anos antes e despois do horario escolar, e ademais impulsará a promoción de vivendas nos dous pobos, Curtis e Teixeiro.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.