banner cultura 2019 1

Alarma en Curtis por novos ataques de lobos, que mataron e devoraron ovellas na aldea de O Curro

  • O alcalde, que se achegou a ver as desfeitas, mandará un oficio a Medio Ambiente para que adopten medidas ante a gravidade dos feitos.
  • Santaia é unha das aldeas máis afectadas durante anos.

ataque lobos 1O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, foi a ver as desfeitas causadas polos lobos nalgunhas zonas do municipio, onde atacaron ao gando. Na noite do 13 ao 14 mataron unha ovella na aldea de O Curro, en Santaia, e na noite seguinte mataron a outra, sen que case quedasen restos delas.

Puideron observarse pegadas dos lobos nas zonas de paso polas leiras de millo.

Santaia é unha das aldeas máis afectadas, onde os gandeiros levan denunciando esta situación desde hai anos, así como a pasividade da Xunta, segundo volvéronlle a trasladar ao alcalde curtiense.

Caínzos comprometeuse a enviar un oficio á Consellería de Medio Ambiente instando a que adopten medidas ante a gravidade dos feitos, as perdas económicas e a prolongación dos danos nos últimos anos.

Non é a primeira vez que o Concello de Curtis mobilízase por este motivo. No 2017, Caínzos mantivo reunións coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural para trasladarlle a preocupación do Goberno local e dos gandeiros polas repercusións dos ataques dos lobos ás reses, e insistiu na necesidade de buscar medidas que permitan compatibilizar a protección desta especie coa actividade económica gandeira.

O ano pasado, o rexedor promoveu unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente con distintos alcaldes da comarca afectados, Sobrado, Aranga e Toques, onde Angeles Vázquez anuncioulles unha liña de axudas económicas para paliar as perdas. Nesa reunión tamén se comentou a necesidade de aumentar as batidas nas zonas máis afectadas.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.